ZONA DE COSPEITO
Dentro da amplitude do “Tecor Terra Chá”, podemos disfrutar da amplitude das nosas zonas de adestramento, unha por concello e ata case 2000ha, para mellorar as prestacións dos teus cans ou aves de cetrería.
Con soltas anuais nestas zonas, a realizar sempre o derradeiro fin de semana do mes de xullo, podemos contar con perdices para recordar aos nosos compañeiros caninos que se aproxima a tempada cinexética.
Unha destas zonas está situada no concello de Cospeito, na parroquia de Sistallo máis concretamente, como se pode ver no mapa adxunto.
As zonas de adestramento pódense utilizar desde o día 1 de xuño ao 31 de xullo


ZONA DE CASTRO DE REI
Outra das localizacións das zonas de adestramento desteTecor sitúase na parroquia de Santa Locaia, en Castro de Rei, como podes ver no mapa adxunto, onde podes adestrar principalmente os teus cans de caza maior soltos. Esta zona axéitase máis para esta caza que para a menor, ainda que tamén está permitido.
A normativa permite adestrar nas zonas adicadas a tal fin durante todo o ano, agás nos meses de xuño e xullo, nos que este tecoradica á parada biolóxica.
ZONA DE A PASTORIZA
A máis extensa das zonas de adestramento coas que conta o “Tecor Terra Chá” é a situada na parroquia de Reigosa, no concello de A Pastoriza, con case 800ha a disposición dos socios ou participantes en competición soficiais.
Gracias ao acordo de colaboración entre a federación galega de caza e o Societario de cazadores Terra Chá, calquera competidor oficial que participe nas probas organizadas por este ente, pode adestrar nas zonas adicadas a tal fin do tecor, satisfacendo a cota acordada en asamblea xeral, e coa preceptiva autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
