A PERDIZ NA TERRA CHÁ

O “Societario de Cazadores Terra Chá” é a referencia da caza da perdiz en Galicia. Con máis de 20 xornadas anualmente, a patirroxa agasalla ao cazador desta sociedade con innumerables lances garantidos ao longo da tempada.

Na tempada 2025/2026, esta sociedade fai un esforzo excepcional, invertindo en desbroces e sementeiras para a mellora do hábitat desta especie, e repoboando 10000 perdices. Poderemos disfrutar das súas capturas a partir do 19 de outubro, coa apertura da caza menor en Galicia, e ata o 6 de Xaneiro que se pecha, tódolos domingos e festivos do calendario de caza galego, cun cupo diario de 3 perdices por cazador.

As datas de repoboación na superficie cazable do tecor, abertas a calquera socio que queira asistir, serán o 29, 30 e 31 de agosto.

Para máis información podese poñer en contacto con Toño +34 649 920 669

Foto superior Caza menor

Foto medio Caza menor

A LEBRE NO TECOR

O “Tecor Terra Chá” converteuse nos últimos anos en postofixo dos apaixonados desta especie na comarca. O aumento de densidade da lebre, gracias ao hábitat favorable e a reducción do furtivismo na contorna, garanten seguementos de cans en case calquera dos nosos montes.

Poderemos disfrutar das súas capturas a partir do 19 de outubro, coa apertura da caza menor en Galicia, e ata o 30 de novembro que se veda esta especie en Galicia, tódolos domingos e festivos do calendario de caza galego, cun cupo diario de 1 lebre por cazador


ARCEAS NA CHAIRA

Setters, drathars, pointers… son variadas as razas de cans de pluma que cazan nos terreos do “Tecor Terra Chá” a arcea. Dona dos montes e escurridiza coma a que máis, esta sociedade permite máis de 40 xornadas de caza desta especie por temporada, no que se garanten levantes nos toxeiros, eucaliptales e carballeiras nos que adoitan parar estas viaxeiras do norte.

Poderemos disfrutar das súas capturas a partir do 19 de outubro, coa apertura da caza menor en Galicia, e ata o 8 de febreiro de 2026, aproveitando a ampliación datempada de caza desta especie á que se acolle esta sociedade, tódolos xoves, domingos e festivos do calendario de caza galego, cun cupo diario de 3 arceas por cazador.

Foto inferior Caza menor

Mapa do Tecor Terra Chá

Documentación de interese

Lei de caza xaneiro de 2014


LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Galicia experimentou unha transformación acelerada na súa paisaxe agraria nos últimos anos. Cambios profundos nas estruturas familiares agrarias, tanto no modo de producir coma nos cultivos agrícolas e forestais, mudaron dun modo substancial os compoñentes do territorio e, por tanto, as condicións dos hábitats, que derivaron no incremento das poboacións dalgunhas especies en detrimento doutras.


Orde de vedas abril de 2024


RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.