
Patrocinio Morrondo, elixida a muller máis influente en Saúde Animal e Veterinaria de España en 2025
A catedrática de sanidade animal da Universidade de Santiago de Compostela, Dona Patrocinio Morrondo, ven de ser a gañadora do premio “muller do ano de Animal´sHealth”, como a máis influinte en saúde animal e veterinaria de España. Esta reputada veterinaria, foi elexida polos lectores desta prestixiosa revista entre as 8 candidatas propostas para o 2025, o que honra o seu prestixioso currículum para a formación de veterinarios e coidado dos nosos animais.
Dende o Societario de cazadores Terra Chá, queremos felicitar a Patrocinio por este premio, e tamén pola súa dilatada carreira formativa e de investigación na nosa provincia, da que este tecor foi partícipe no pasado 2023, cando encabezou o estudio parasitario dunha importante cantidade de lebres cazadas polos nosos socios José Luis Fernández Iravedra, Francisco Javier Veiga Paredes e Paulino Sainz Rivadulla, que prestaron a súa enteira colaboración para esta investigación, a cal resultou moi importante para o coñecemento da saúde desta especie cinexética tan emblemática nos nosos montes. ¡Gracias pola vosa colaboración compañeiros!.
Aproveitamos estas liñas para manter nosá disposición dos investigadores, como en tantas ocasións fixemos no Tecor Terra Chá, para seguir estudando a saúde dos nosos animais, liña absolutamente esencial e básica que seguimos os cazadores galegos, en colaboración coas autoridades competentes na materia.