O Tecor Terra Chá

É o terreo cinexético máis grande de Galicia, esténdese polos concellos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, ademáis dalgunha parroquia de Vilalba, abarcando un total de 46.000 hectáreas. Para a práctica da caza maior, sepárase en 10 manchas para as xornadas de batida de xabarín, e en 12 para as xornadas de corzo. Dispoñemos de 3 zonas de adestramento con cans ou aves de cetrería, repartidas nos tres concellos, para un total de case 2000ha. Tamén podemos disfrutar de dúas zonas de caza permanente, unha delas exclusiva para a práctica da cetrería e outra na que conviven cazadores con escopeta e cazadores con aves, nun total de máis de 500ha

Foto superior Tecor Terra Chá

Foto medio Tecor Terra Chá

O Societario de Cazadores Terra Chá

É o titular do aproveitamento cinexético do TECOR TERRA CHÁ, e por iso, o encargado de planificar o aproveitamento de poboacións das especies cinexéticas. Conta cuns 750 socios numerarios e 50 protectores, superando os 200 cazadores federados, sendo de facto a sociedade de cazadores con máis membros rexistrados na federación galega de caza, organizando e participando en innumerables competicións das diferentes modalidades do máximo ente deportivo desta disciplina en Galicia, converténdose na referencia das competicións de caza na nosa comunidade.